domingo, 23 de abril de 2006

VIII Bienal da Caricatura


VIII Bienal da Caricatura. Ourense 2006.

Con tardanza (mea culpa) reseñamos esta actividad, que debería encuadrarse entre las más importantes realizadas en España en torno a la viñeta, en este caso como vehículo de humor que no de narración. Y lo digo sin reparos porque, además, resulta ser una actividad que viene organizándose desde hace 14 años en Galicia, una comunidad -o realidad nacional, que uno ya no sabe- en la que se dan cita dos de los festivales más importantes de nuestro país en lo referido a la historieta (el festival de A Coruña) y al humor (éste de Ourense), excepción hecha de que sigue en funcionamiento el museo del humor de Fene que dirige el nunca bien ponderado Xaquín Marín. Galicia, el paraíso; siempre lo hemos dicho.
Reseñamos ahora elevento porque recibimos el catálogo de esta Bienal, que resulta ser un producto excepcional, un alarde de diseño, magníficamente documentado, muy bien impreso y con todos los elementos necesarios para comprender a los caricaturistas, personajes y programas que integraron esta bienal orensana. El autor estrella invitado en esta edición fue André Carrilho (autor de la caricatura que engalana la cubierta del catálogo) y como autor galego se invitó a Xaquín Marín, humorista e historietista de altura, que lleva 50 años en línea, que dirige un Museo del Humor Gráfico, que ha hecho tebeos, libros teóricos y también exposiciones y del que tan poco hemos hablado en los medios ... (¡perdona Xaquín!). Entre las exposiciones, destaca la Histórica, dedicada a Lino González Rubido, la de Personaje, esta vez sobre el escritor gallego Vicente Risco, la de Nova Caricatura, dedicada a Matías (de la estirpe de los Ermengol de toda la vida), y la de Caricatura Internacional, dedicada a la lucha de los trabajadores ("A luta dos trabalhadores (pelo humor)". También hubo una muestra de caricaturistas gallegos y de caricaturistas noveles. Entre las actividades anejas destacó un Monólogo de Humoristas, la fiesta de la caricatura y la presentación del libro RIP, el cual reseñamos nosotros puntualmente en el presente blog.Extraordinario trabajo el de los organizadores y catálogo excepcional, un lujo y un goce que esperamos que sigue disfrutando de éxito unos cuantos añitos más.


Para que quede constancia del festival, reproducimos aquí el programa que se cerró el día 2 de abril (en gallego):

VIII BIENAL DA CARICATURA DE OURENSE- Do 15 de marzo ao 2 de abril de 2006
Organizan: Casa da Xuventude, Centro Cultural Deputación de Ourense, Concellería de Cultura, Festas e Festival de Cine.
Colaboran: Concello de Ferrol, Fundación Vicente Risco, Gran Hotel Ourense San Martín, Humoràlia de Lleida, Humorgrafe de Lisboa, Museo Municipal de Ourense, O Liceo de Ourense, Universidade de Vigo – Vicerreitoría de Planificación e Desenvolvemento do Campus de Ourense.
Patrocinan: Concello de Ourense, Deputación de Ourense e Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
EXPOSICIÓNS:
Caricaturistas Galegos
Selección da obra feita entre 2004 e 2006 dos autores que publican nos distintos medios galegos: Abraldes, Aguilera, Pepe Carreiro, Dávila, Estevez, Gogue, Nacho Hortas, José Tomás, Leandro, Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Omar, Orballo, Miguelanxo Prado, Fernando Quesada, Santy, Kiko da Silva, Calros Silvar, Siro, Tonisavski, Valcárcel e Xosé Lois. De novo unha revisión, a través das obras de cada autor, do mellor da caricatura e o humor gráfico galego actual, con todos os estilos e enfoques que conviven nela.
No Museo Municipal.
Caricaturistas Noveis
Premios e obras seleccionadas do VIII Concurso Galego de Caricaturistas Noveis, convocado pola organización da Bienal. En total, corenta e nove caricaturas a cargo de Sandra Álvarez Guzmán, Miguel Casado Freire, Alba Cid Fernández, Julio César García Somoza, Francisco López Riopedre, Francisco Miguéns Ferro, Daniel Montero Coira, Roi Paz Collazo, Juan Luis Pérez Rodríguez, Diego Puentes Diéguez, Roi Rodríguez Cagiao, Antonio Seijas Cruz, Luis Sendón Cedrón e Diego Sendón Cedrón.
Na Casa da Xuventude
Exposición Histórica: Lino González Rubido
Unha selección con máis de medio cento de obras, preferentemente caricaturas de variadas técnicas, pero tamén humor gráfico, ilustración e inclusive unha banda deseñada, deste autor santiagués que desapareceu prematuramente a finais dos anos corenta. Por xentileza do coleccionista don Xesús Couceiro Rivas.
No Museo Municipal
Autor Convidado: André Carrilho
Un dos mais notábeis debuxantes de prensa das novas xeracións portuguesas, un vangardista en constante exploración desa liña sintética que bordea a realidade e a ficción. Un ilustrador que bebe na ousadía, na irreverencia para se expresar na orixinalidade estética.
Na Casa da Xuventude de Ourense
Autor Galego: «Xaquín Marín [50 anos en liña]»
Exposición antolóxica, organizada a finais do pasado ano polo Concello de Ferrol, na que se evidencia a súa fecunda obra no cartelismo e no humor gráfico, despois de máis de trinta anos de forza creadora. Unha obra que zumega compromiso político desde antes do cambio democrático. Xaquín Marín é un home coherente e un artista comprometido coa súa forma de ver e entender a vida.
No Centro Cultural Deputación de Ourense
Caricatura Internacional: «Luta dos Trabalhadores pelo humor»
A loita pola dignidade no traballo, por mellores condicións laborais, baixo a ollada dun fato de humoristas: Adan (Cuba), Ajan (Suecia), Al Awadi (Kuwait), Carlos Alves (Angola), Amorim (Brasil), Banegas (Honduras), Andrea Bersana (Italia), Álvaro Canelo (Arxentina), Che (España), Xia Dachuan (China), Porumbita Mihaita (Romanía), Ermengol (España), Martin Favelis (Arxentina), Ricardo Galvão (Portugal), Haddad (Líbano), Kazanevsky (Ucraína), Klas (Serbia-Montenegro), Carlos Laranjeira (Portugal), Luís (Portugal), Morro (Colombia), Moaid Naamatl (Iraq), Oki (Costa Rica), Zé Oliveira (Portugal), Per (Portugal), Rolandael (Francia), Ronaldo (Brasil), F. Santos (Portugal), Igor Smirnov (Rusia), Sex (España), Shyammohan (India), Rudy Thijs (Bélxica), Tomy (Cuba), Uno (Xapón), Vaigauskas (Lituania), J. Vlahovic (Serbia-Montenegro) e Zlatkovsky (Rusia). Mostra comisariada por Osvaldo Macedo de Sousa, de Humorgrafe.
No Museo Municipal
Exposición de personaxe: Vicente Risco
Colección de caricaturas do escritor galego (Ourense, 1884-1963), realizadas por importantes autores: Acisclo, Castelao, Conde Corbal, Cándido Fernández Mazas, Huici, Irurozqui, Laxeiro, Prego, Prieto Nespereira, Siro e Virxilio, entre outros.
No Liceo de Ourense
Nova Caricatura: Matías
A xuventude deste debuxante afincado en Cataluña non impide que teña un interesante currículo con referencias internacionais e que faga unha obra cunha pegada persoal, unha visión nova dos personaxes. Mostra organizada por Humoràlia.
No Campus Universitario das Lagoas
ACTIVIDADES:Inauguración da Bienal
Terá lugar o día 15 de marzo, a partir das 19.30 horas, na Casa da Xuventude de Ourense, coa entrega dos premios do VIII Concurso Galego de Caricaturistas Noveis, a visita á súa exposición e á do autor convidado, André Carrilho, e continuará ás 20 horas, no Museo Municipal, coa visita ás exposicións «Caricaturistas Galegos», «Lino González Rubido» e «Luta dos Trabalhadores pelo humor», e ás 20.30 horas no Centro Cultural Deputación de Ourense, coa mostra «Xaquín Marín [50 anos en liña]».
Festa da Caricatura
Coa participación de caricaturistas galegos e portugueses, que traballan de cara ao público facendo caricaturas dos asistentes. Contará coa presenza, pola parte portuguesa, de Zé Oliveira, António Ferreira, Paulo Santos e Onofre Varela; e pola parte galega, de Gogue, de Faro de Vigo; Kiko da Silva, Leandro, Abraldes, Pinto e Nacho Hortas, de La Voz de Galicia; Antonio Sabín, de Diario de Ferrol; Estévez, de El Correo Gallego, ademais de Sex, Bofill e Omar, así como os caricaturistas afeccionados que o desexen. O domingo pola mañá tamén participará Siro, de La Voz de Galicia. O sábado 25, desde as 19.00 até as 21.00 horas, e o domingo 26, desde as 12.30 até as 14.00 horas, no Centro Cultural Deputación de Ourense.
Presentación do libro ‘R. I. P.’
R. I. P. é un libro de humor negro, a cargo de Xavier Maciá e Ermengol, publicado en Lleida pola Editorial Milenio a finais de 2005, e prologado por El Roto.
O venres, día 24, ás 20.00 horas, na Livraria Torga, rúa da Paz, n.º 12.
Monólogos Humorísticos 2006
Con motivo da VIII Bienal da Caricatura de Ourense, e pensando que o humor escénico tamén ten moito que dicir nela, os seus organizadores convocan o segundo Certame de Monólogos Humorísticos, ao que poden concorrer todos os actores e actrices afeccionados ou profesionais que o desexen. Hai dúas modalidades: monólogos (tema libre, con textos inéditos) e imitacións (mínimo catro personaxes da vida pública: política, artes ou tipos sociais). Premios por valor de mil trescentos euros. Na Casa da Xuventude de Ourense, o 17 de marzo ás 20.00 horas. A entrega de premios será no Centro Cultural Deputación de Ourense, o 31 de marzo, tamén ás 20.00 horas. Convocatoria en
www.casaxou.com
VII Concurso Galego Para Caricaturistas NoveisConvocado pola Casa da Xuventude de Ourense como achega á VIII Bienal da Caricatura. Aberto a todos os autores residentes en Galicia, entre os 14 e os 30 anos. Con técnica e tema libres, aínda que cunha valoración especial para os personaxes procedentes dos campos cultural, social ou político galegos.
Premio á mellor colección: Daniel Montero Coira, pola súa, composta polas caricaturas dos actores Celso Bugallo, Ernesto Chao, Antonio Durán Morris, Manuel Manquiña, Xosé Manuel Olveira Pico, Xoán Pérez e Luís Zahera. Dotado con 800 euros.
Premios ás mellores caricaturas: Miguel Casado Freire, por unha caricatura de Vidal; Roi Paz Collazo, por unha de Eva Hache; e Juan Luis Pérez Rodríguez, por unha de Gayoso e os Tonechos. Cada un dos premios ten unha dotación de 250 euros. O xurado decidiu deixar deserto un cuarto premio, que debería recaer nunha viñeta de humor gráfico.
O xurado estivo composto por José Araújo, Rubén Cela, Xosé Lois González Carrabouxo, Francisco González Bouzán, Andrés Mazaira, Omar Pérez e Henrique Torreiro, e actuou como secretario Benito Losada.
Enderezos e horarios das exposicións:
– Casa da Xuventude. Rúa Celso Emilio Ferreiro, 27.
De 19.00 a 21.30 h. Pecha os domingos.
– Centro Cultural da Deputación Provincial de Ourense. Rúa do Progreso, 30.
De luns a venres, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 h. Sábados e domingos, de 17.00 a 21.00 h.
– Campus Universitario das Lagoas, s/n.
Mostra ao aire libre, visitábel as 24 horas.
– O Liceo de Ourense. Rúa Lamas Carvajal, 5.
De 19.00 a 21.30 h.
– Museo Municipal. Rúa Lepanto, 8.
De 11.00 a 13.30 e de 18.00 a 21.00 h. Pecha os luns. Domingos só de mañá.


Reseña de Manuel Barrero. Tebeosfera recibió servicio de prensa de la Casa da Xuventude de Ourense

No hay comentarios: